¡NOTICIA DE ÚLTIMA HORA! Moción de censura á presidenta do Congreso Meritxell Batet por parte de dúas alumnas de segundo de bacharelato do colexio La Salle Santiago
Marta Seoane e Sofía López tomarán o posto de presidentas do Congreso dos Diputados o próximo 7 de maio. Estas alumnas emprenderán a viaxe á capital para presidir a sesión Nacional do Modelo de Parlamento Europeo. Acompañadas dos delegados de primeiro de bacharelato seleccionados na Fase Autonómica: Pablo Domínguez, Pedro Vázquez e Raquel Soto.
Durante estes días debatirán sobre temas trascendentais como os fluxos migratorios ou a redución da xornada laboral.