
No noso colexio estamos comprometidos co medio ambiente
O pasado xoves as nenas e nenos de terceiro de primaria asistiron a unha charla nas súas aulas da Campaña de Educación Medioambiental “Aporta Máis” que Compostela Inserta xunto co Concello de Santiago poñen en marcha para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia da reciclaxe.
O noso alumnado puido aprender máis sobre a regra das 3 erres (reducir, reutilizar e reciclar) e a importancia de poñela en práctica para poder axudar á conservación e coidado do noso planeta.
Continuaremos formándonos para axudar a crear un futuro mellor para todos!
