
Máxima ledicia nas festas colexiais!
Despois de tres anos, as festas do noso colexio na honra de San Xoán Bautista de La Salle volven a celebrarse ao grande!
A semana pasada estivemos de celebración, e a sensación que nos quedou a todas as persoas que formamos parte desta familia lasaliana non pode ser mellor.
Comezamos o xoves cunha marabillosa inauguración, na que cada etapa tivo o seu momento de protagonismo. Discursos, bailes, cancións e os nosos clásicos cabezudos formaron parte deste momento tan especial que puidemos celebrar todas xuntas.
Pola tarde, o colexio encheuse de nenos e nenas, membros do profesorado e familias que quixeron gozar das numerosas actividades que se ofreceron nesta xornada festiva: concurso de baile, karaoke, concurso de tortas, de artes plásticas, troulada de animais, inchables, xogos, entre outras actividades, fixeron que todos e todas puideramos pasar unhas horas do máis divertidas.
Ademais, o alumnado de Secundaria e Bacharelato puido gozar por todo o alto dunha fantástica verbena.
Agradecemos a implicación e o tempo que dedicaron numerosas persoas para que todo isto fora posible!
Xuntos mellor!








