Luces, cámaras e acción!
As nenas e nenos de cuarto de primaria levan semanas inmersos no mundo da fotografía.
Coa axuda das súas profesoras estiveron realizando un obradoiro interdisciplinar no que tiveron que elaborar as súas propias cámaras fotográficas.
Estamos abraiadas coa súa creatividade e implicación na tarefa. Os resultados non poden ser máis impresionantes.
Este obradoiro foi, sen dúbida algunha, todo un éxito!
Parabéns polo gran traballo!