
Lía Rodríguez seleccionada para asistir ás sesións internacionais do MEP
A alumna Lía Rodríguez Domínguez, de 1.º Bach. A, foi seleccionada para asistir ás sesións internacionais do MEP (Modelo de Parlamento Europeo) no curso 2024-25. Irá a Estrasburgo na primaveira de 2025. É a única persoa de toda Galicia que resultou seleccionada.
Felicitámola e desexámoslle que resulte unha experiencia moi gratificante para ela. Tamén felicitamos a Mónica polo seu traballo.