Back

LADRILLO A LADRILLO

Díxonos que esquecera como se construían as casas! Ernesto tiña tres planos, pero estaban en branco! Propuxo un reto: ao final do proxecto, Ernesto volvería ao colexio para levar os planos da casa, completos, cheos de detalles e con todas as estancias. Desde entón, estamos a  descubrir pouco a pouco as diferentes partes dunha casa, investigando e explorando a través da aprendizaxe sensorial.

Esta semana falamos da cociña, e que mellor xeito de facelo que… preparando un saboroso wrap! Manipulamos os ingredientes, cheirámolos e desfrutamos dun petisco fantástico. Foi unha experiencia divertida para todos e todas, na que aprendemos a importancia da cooperación, o coidado do entorno, a nutrición e o propósito da cociña e todo o que podemos facer nela.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.