La Salle Rumbek
- Categorías Actualidade, Pastoral, Proyde
- Data Xuño 4, 2020
La Salle Rumbek
A estas alturas de curso toca cerrar contas, cerrar actividades e avaliar o ano da nosa delegación de PROYDE. Pero para nós non está a ser un curso normal, o peche de Centros colleunos comezando a nosa Semana, quedaron en suspenso o día do Bocata, a Cafetería das Festas, a Cea Diferente…
Este ano non hai moedas para embolsar nin contas que facer, pero non podemos deixar de mostrar que a vida non se detivo e que o proxecto da nosa escola Secundaria en RUMBEK segue o seu camiño. PROYDE
Porque falamos de soños compartidos, de colaboración entre todo os membros da nosa Comunidade Educativa, queremos compartir as fotos que chegaron, que vexades como avanza o proxecto.
Queremos aproveitar tamén para dar as grazas a todos e todas polo vosa colaboración ano tras ano coas nosas actividades.
Vémonos pronto!