
JOAN MIRÓ PINTANDO SOÑOS
“Trato de aplicar cores como palabras que forman poemas,
J.Miró
como notas que forman música”
O venres pasado, de novo, contamos coa inestimable axuda de Carme López, profesora da facultade de Historia e mamá dunha alumna de Educación Infantil; para falar da figura dun gran pintor Joan Miró.
A través de dúas obras: “O Entroido de Arlequín” e “Constelacións”, vimos como reflectía os seus soños, coas súas cores e as súas técnicas. Grazas ás explicacións de Carme descubrimos que este gran pintor adoraba a música e pintaba escoitando música.
As súas obras de estilo surrealista, entre as formas abstractas albíscanse siluetas que suxiren figuras reais e imaxinarias, debuxaba soños. Reflectía o seu interese polos soños e o subconsciente. As cores: vermello, azul, verde, amarelo ou negro son as cores na gran produción artística de Miró, tendo para el un significado cada cor.
E neste estudo desta gran figura da pintura surrealista os nosos pequenos e pequenas realizaron unha versión da súa obra “Figura fronte ao Sol”.
EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL




