
INTERNIVEL SAUDABLE
Xogar, compartir, bailar, aprender, competir, sementar…nesta contorna, realizamos actividades relacionadas coa saúde, o coidado dun mesmo e da natureza.
O noso obxectivo é fomentar unha escola activa creando hábitos de coidado.
Traballamos os valores da perseveranza, do respecto ao outro e do xogo en equipo.
Realizamos xogos tradicionais para ir gañando control postural, no coñecemento do propio corpo, no uso de diversos materiais.
Unha pequena horta na que cultivamos diferentes tipos de plantas aprendendo a sementar, coidar e protexer a natureza.




