
Intercambio 4.º Secundaria
O alumnado de 4.º de ESO viviu unha experiencia inesquecible grazas ao intercambio escolar con Alemaña. Durante dúas semanas, estudantes galegos e alemáns compartiron actividades culturais, educativas e lúdicas, tanto en Santiago como na cidade anfitrioa, Markt Indersdof. Foi unha oportunidade única para convivir, mellorar competencias lingüísticas e coñecer novas realidades, reforzando os lazos entre os dous centros participantes.
A estancia en Alemaña comezou cunha xornada moi especial. O noso alumnado coñeceu mellor aos seus compañeiros e compañeiras alemás e participou en diferentes clases como cociña, deportes ou inglés. Un dos momentos máis destacados foi a creación dunha camiseta conmemorativa do intercambio. Os estudantes alemáns encargáronse de deseñar un logo único que representaba a unión entre ambas cidades, converténdose nun recordo moi especial desta viaxe.
Despois diso, os estudantes alemáns visitaron Santiago, onde tamén desfrutaron dunha intensa programación cultural. Durante a súa estadía en Santiago, tiveron ocasión de pasear polos tellados da catedral, descubrir a cidade da Coruña e visitar os castros de Baroña. Estas visitas permitíronlles achegarse á historia e á paisaxe galega, mentres compartían momentos coa comunidade educativa local.
Este intercambio deixoulles momentos cheos de aprendizaxe, convivencia e emocións. Tanto o alumnado como as familias e o profesorado implicado valoraron moi positivamente a experiencia. Sen dúbida, foi unha oportunidade para crecer persoal e academicamente, abrirse ao mundo e crear amizades que, agardamos, duren moito tempo.