
GRAZAS! Campaña Nadal
Onte rematou a Campaña de Nadal e hoxe gustaríanos dar as gracias a todos os que participastes, entregando a vosa doazón ou o voso tempo para facer posible a distribución de alimentos en Cáritas Milladoiro, Cáritas Fontiñas e no Albergue Xoán XXIII.
Agradecemos aos alumnos de infantil, primaria, 1.º e 2.º da ESO a súa aportación coa operación kilo e aos alumnos de Bacharelato, 3.º e 4.º da ESO as súas compras conxuntas da clase, entre todos fixeron compras por importe de 1.407,4€.
Queremos facer unha mención especial ao labor dos titores, todo isto non sería posible sen a súa implicación, aproveitamos este momento para poñer en valor o seu traballo. Grazas. Tamén queremos dar agradecer á empresa Galiport por realizar a entrega dos alimentos de forma desinteresada.
A todos GRACIAS, sen vós, nada disto sería posible.
Un saúdo agarimoso para todos e Feliz Nadal,
PASTORAL LA SALLE Santiago




