Gran éxito da promoción de 2.º Bacharelato
A promoción de 2.º de Bacharelato deste curso obtivo uns magníficos resultados finais, a pesar da situación vivida durante os seus dous cursos de Bacharelato por mor da pandemia.
Grazas ao seu esforzo persoal conseguiron superar as dificultades do confinamento e as estrictas medidas sanitarias deste curso para conseguir uns resultados que a foran una das mellores promocións que pasaron polo centro nos últimos anos.
Dun total de 124 alumnos matriculados conseguiron promocionar e superar con éxito o curso 118 persoas. De todos eles, un total de 71 alumnos conseguiron una nota media de Bacharelato igual ou superior a 8,75, polo que poden optar ao Premio Extraordinario de Bacharelato.
Felicitamos a todos e todas por estes resultados e estamos seguros de que volverán a conseguir un gran éxito nas probas da ABAU.