
GODLY PLAY
Apostamos pola importancia de enriquecer a dimensión espiritual dos nosos alumnos e alumnas para o seu desenvolvemento integral.
Na nosa proposta educativa o método Godly Play, dentro da contorna de nivel de ERE, é un medio de descubrimento espiritual baseado no enfoque Montessori e o culto cristián que presenta as historias da Biblia a través de narracións sinxelas, cargadas de simbolismo.
Na sala Godly Play, que se atopa no centro, téntase crear un ambiente de calma e escoita; onde todos os materiais están ao dispor dos alumnos e alumnas, tentando crear un clima que favoreza a comprensión das narracións, os símbolos e ritos.
Con esta metodoloxía, en liña cos principios pedagóxicos de NCA téntase:
o Traballar con materiais sensoriais nun ambiente seguro e estimulante.
o Combinar a linguaxe verbal e o xogo.
o Expresar pensamentos e sentimentos.
o Respecto no espazo e tempo, tanto aos compañeiros como das instalacións.
Este método ten continuidade no proxecto de NCA desde a Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.
Equipo Godly Play Santiago de Compostela




