
Formación para a defensa persoal
Ao longo desta semana estase a realizar los cursos superiores da ESO e 1.º Bacharelato un Taller de saúde mental, violencia e ciberacoso, impartido por dúas monitoras de parakarate, Ainhoa Rodríguez e Ildara García.
Na primeira parte da dinámica, impartida no salón de actos, realizouse unha apróximación teórica sobre a violencia no ámbito escolar e fóra del. Os alumnos e alumnas participaron activamente nos distintos aspectos e cuestións que lles propuxeron as monitoras.
Na segunda parte da sesión, desta vez no polideportivo do centro, o alumnado aprendeu unha serie de técnicas de defensa persoal por se, nalgún momento das súas vidas, se ven na circunstancia de sufrir algún tipo de violencia física.

