Formación Godly Play
Durante os días 19, 20 e 21 de maio, un grupo de educadores dos centros La Salle do noroeste participaron da formación Godly Play impartida polo Ir. Jorge Sierra (Delegado de Pastoral do Distrito ARLEP) e Marcos Febles (profesor do colexio La Salle Santander). Rodeado da natureza inspiradora de Bujedo, os asistentes tiveron a oportunidade de penetrarse nunha nova dinámica de aprendizaxe e experiencia dos contidos da relixión cristiá, unha aprendizaxe que busca ser significativa nos mozos desde a estimulación das intelixencias, a dinámica cooperativa e a experiencia persoal. Do noso centro participou a profesora Ángeles Goás, de Infantil.
A rede de obras educativas La Salle incorpora esta metodoloxía como obradoiro experiencial no novo marco pedagóxico NCA (Novo Contexto de Aprendizaxe) e, de forma progresiva, todos os educadores da rede de centros irán formándose como narradores e porteiros nesta práctica. “Coidar a espiritualidade dos máis novos arredor do círculo” é un dos fundamentos de base desta práctica pedagóxica asentada nos principios Montessori, que busca que os nenos e a mocidade tomen parte activa das Historias Sagradas da Biblia.
Novos pasos cara adiante en NCA que, ademais, recuperan a presencialidade logo dun ano e medio de ausencia. “Xa tocaba verse” -dicían algúns dos asistentes, que gozaron dos tempos compartidos de traballo e convivencia a carón do clima Godly Play. Con este bo sabor de boca emprenderon a súa viaxe de volta os participantes no encontro, agradecidos aos formadores acreditados polo seu bo facer e coa ilusión renovada de compartir o aprendido nos centros de orixe.