
Formación en Reanimación Cardiopulmonar na ESO
Os nosos alumnos de cuarto da ESO e de primeiro de Bacharelato recibiron dúas sesións de primeiros auxilios a cargo da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago. En concreto explicáronlles as técnicas de Soporte Vital Básico, RCP e manobra de Heimlich, así como o uso do desfibrilador.
Puideron realizar as correspondentes prácticas que lles permitirán ter as competencias necesarias para aplicar ante unha posible emerxencia.
O noso máis sincero agradecemento a Protección Civil de Santiago pola súa xenerosa organización e desenvolvemento de tan importante actividade para os nosos fillos e alumnos.