
Feira Científica
O mércores 9 de novembro, como colofón final da narrativa do NCA Life, na que os alumnos de primeiro de secundaria estiveron estudando a orixe da vida dende diferentes áreas, amosaron o seu saber nunha feira científica.
Os alumnos estiveron preparando durante dúas semanas diferentes microproxectos que, ao final, deron como produto unha feira científica na que amosaron a súa aprendizaxe e a súa creatividade para plasmar en actividades manipulativas a síntese do aprendido.
Os alumnos de sexto foron os invitados á feira e puideron aprender algunha cousa de Bioloxía, Xeografía, Matemáticas, Tecnoloxía ou Literatura dos compañeiros do colexio que tan só van un ano por diante deles.
É de destacar o bo comportamento de todos e a ilusión posta nas explicacións por parte dos alumnos.





