Back

Facendo dun calcetín un mundo por descubrir

Moito antes de que xurdise o cinema e a televisión, existen as marionetas como ferramenta para narrarlles historias aos máis pequenos e pequenas. Nunca pasan nin pasarán de moda, e como medio pedagóxico son incriblemente competentes.

É no noso INTERNIVEL DE EXPRESIÓN ORAL E COMUNICACIÓN onde este marabilloso recurso toma especial protagonismo. Partindo dun calcetín e unha variada oferta de complementos, os nenos e nenas deseñan e dan vida á súa propia marioneta ao mesmo tempo que traballan aspectos como:

  • A sociabilidade: interactuando con outros nenos e nenas.
  • A imaxinación: desenvolvendo historias fantásticas.
  • A aprendizaxe simbólica: imitando sons de animais, o comportamento de persoas e profesións.
  • As habilidades motrices: ao crear e manexalas coas súas mans.
  • A linguaxe: falando, aprendendo palabras e novo vocabulario.
  • Expresión emocional: reproducindo e interpretando, a través de xestos e movementos as emocións e sentimentos.
  • Etc.

A través das súas pequenas manciñas, dando voz e movemento, transforman un obxecto inerte nun amigo de xogos.

PROFESORA SONIA FRANCO

Mestra de Educación Infantil

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.