Back

Exposición debuxo artístico

Na exposición que tivemos o pasado xoves, o alumnado de debuxo artístico puido gozar das máis variadas obras dun movemento artístico moi demandado entre os anos cincuenta e sesenta, como é o arte pop.

Este movemento naceu no Reino Unido e nos Estados Unidos a mediados do século XX, inspirado na estética da vida cotiá e dos bens de consumo da época, como anuncios, cómics, obxectos culturais, todos os cales puidemos apreciar na nosa visita. Desde cadros de Andy Warhol ata algúns de Yayoi Kusama, puidemos ter unha sensación inmersiva da percepción desta gama de arte coma se estivésemos na mesma década dos sesenta.

Tamén puidemos gozar dun divertido obradoiro, no que realizamos arte con luces LED mediante un programa informático. A experiencia foi moi divertida e axuda moito a facer a visita moito máis entretida.

Jorge Iglesias López

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.