Éxito no mercadiño solidario!
O alumnado de 2° de primaria organizou un mercadiño solidario como parte dun dos proxectos da segunda avaliación.
Despois de varias semanas aprendendo sobre o comercio xusto, as nenas e nenos de 2°, xunto coa axuda das súas profesoras, decidiron crear o seu propio mercadiño solidario. O obxectivo principal sería recadar cartos para Proyde.
O alumnado puido aprender sobre todos os procesos que hai que ter en conta: escoller un produto axeitado, seleccionar os materiais necesarios, analizar custos, tempo que hai que dedicar á súa elaboración…
O mercadiño presencial resultou ser unha marabilla, así que as profesoras decidiron abrir unha tenda online para poder continuar coas vendas.
Isto foi todo un éxito: 452,78 euros recadados en favor de Proyde!
“Moita xente pequena, facendo cousas pequenas, en moitos lugares pequenos, pode cambiar o mundo”.
Parabéns a todos e todas polo gran traballo!