
Excursión 2.º ESO a Penaventura
Do 18 ao 20 de marzo, as catro clases de 2ºESO desfrutaron do entorno natural e da fantástica proposta de actividades ofrecidas por Penaventura, no norte de Portugal. Durante tres días, durmiron en cabañas, probaron a tirolina máis grande de Europa, subíronse a unha montaña rusa que cruza o bosque, andaron por un circuito de karts, deixáronse caer por unha corda, pelexaron nunha partida de paintball e fixeron un percorrido en bici eléctrica… Unha amplia variedade de actividades unida a un tempo de convivencia cos seus compañeiros que fixo destes días unha experiencia inolvidable. Así o expresaban eles mesmos:
“Para min, foi a mellor excursión do mundo”. Marta
“As actividades foron moi emocionantes e as cabañas confortables” Asier e Carlos.
“Foi unha experiencia moi chula compartindo momentos cos nosos compañeiros e mereceu a pena!. Cova e Helena.“Encantoume poder durmir coas miñas amigas e estar todo o día con elas”. Arume.
“Estivemos conectados coa natureza e vimos o amencer xuntos. Inolvidable”. Adrián
“A festa nocturna foi incrible, bailamos moitísimo”. Lucía e Sofía.
“Reforzamos a nosa amizade cos compañeiros da clase”. Quique“Para mí, esta excursión supuxo moita adrenalina e felicidade”. Alexandre



