
Eu veño disfrazado de…
Levamos toda a semana gozando dos mandatos do MECO, e cumprímolos moi ben, pero hoxe é o día no que os nosos soños de ser diferentes fanse realidade…
Vestirnos de superheroes e superheroínas

A maxia dos contos

Animais fantásticos

Profesións

Deixar voar a nosa imaxinación!!
Tamén é momento de degustar nas nosas merendas os doces típicos de Entroido: orellas, filloas, rosquillas flores…

Tamén bailar con todo tipo de músicas e desfilar mostrando o noso disfrace.

Entre música, doces e moita festa, finalizamos no cole o noso Entroido 2022
Agora a seguir gozando nas vacacións.
Viva o Entroido!!
PILI CASTRO
Mestra de Educación Infantil