“Eu teño unha casiña que é así, así…”
O pasado mes de outubro, os nenos e nenas de 4 anos recibimos unha carta de Calista a xornalista na que nos pedía axuda para a súa investigación sobre as casas e as familias.
Co noso carné de xornalistas e a axuda das nosas familias e profes, puxémonos a investigar. Descubrimos que xa sabiamos moitas cousas, pero tamén aprendemos moitísimas cousas novas.
Sabiades que as casas son distintas segundo o lugar do mundo onde se atopen ou segundo as persoas que vivamos nelas? Aínda que as nosas casas teñen moitas cousas en común, son á vez tan diferentes, como diferentes son as familias que vivimos nelas.
Ao finalizar o proxecto Calista enviounos uns diplomas e unha carta de agradecemento por enviarlle fotos do noso maping e de moitas actividades que fixemos en clase, así como as árbores xenealóxicas das nosas familias, que esperamos devólvanos pronto, pois con eles queremos facer un libro que gardaremos no cole con moito agarimo.
Equipo Didáctico de Educación Infantil