
Érase unha vez…
Un novo comezo, unha nova aventura,
unha marabillosa oportunidade:
BENVIDOS!
Dous días previos ao comezo oficial do curso, abrimos as portas do noso patio e ludoteca para ofrecer ás novas familias unha merenda-encontro de benvida.
Co obxectivo de facer un informal achegamento, onde as profesoras, país, nais e os máis pequenos puidesen verse as caras por primeira vez, onte gozamos dunha animada tarde de conversacións e xogos.
Agora que este primeiro contacto está felizmente superado, esperámosvos coas puetas abertas para acompañarvos nesta nova aventura vital.
BENVIDOS!






