Back

Encontro Tres Tendas

O pasado sábado 21 de xaneiro celebramos no colexio o Encontro Tres Tendas, na súa terceira edición. Trinta persoas dos centros de Galicia e Portugal (Barcelos, Braga, Ferrol, Inmaculada e Santiago) estivemos rezando, compartindo, celebrando e disfrutando en torno ás Benaventuranzas.

Despois da oración inicial, por grupos tentamos actualizar cada Benaventuranza na realidade actual. A media mañá un café para compartir e coñecer xente nova. Despois un tempo persoal para atoparnos connoscos mesmos, ben na oración, coas mandalas, una sesión de HARA ou compartindo un paseo de Emaús, rematamos a mañá conectándonos por videoconferencia coas persoas que en Valladolid estaban facendo o mesmo, e cunha avaliación do día. Finalmente, compartimos o xantar no comedor do colexio.

Resultou una mañá moi tranquila, un tempo relaxado para nós mesmos, que todas as persoas participantes valoraron moi positivamente con agradecemento. Esperamos que nas sucesivas edicións poidamos ser máis os que poidamos disfrutar desta experiencia.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.