Encontro de zona comunitaria
O pasado sábado 27 de xaneiro as comunidades lasalianas de Galicia e Portugal (Ferrol, Santiago, Parmenia, Braga, Barcelos e Maravilhas) tivemos o segundo encontro do curso da nosa zona comunitaria, que é a 13 no Distrito. Xuntámonos unhas 30 persoas no colexio, nas dependencias da comunidade de irmáns, que sempre nos acollen moi ben.
Comezamos cunha oración e despois contámonos como nos vai a vida, que cousas máis significativas nos están pasando nas comunidades, e como o estamos vivindo.
O prato forte foi a presentación do vivido na IV Asemblea para a Misión Educativa Lasaliana (AMEL) a cargo dun participante nela. Nesta AMEL establécense os horizontes cara os que queremos que mire o Distrito durante os próximos catro anos. Centrámonos nas propostas que afectan particulartente ás comunidades. En grupos reflexionamos sobre as implicacións que supoñen, reflexións que despois foron postas en común e servirán para continuar traballando.
Acabamos o encontro con outra oración e xantando xuntos no comedor colexial, onde seguimos celebrando o encontro e contándonos as nosas vidas. Como sempre, unha xuntanza moi agradable e satisfactoria.