
Encontro de grupos SalleXove
Esta fin de semana, os rapaces de grupos tivemos a sorte de encontrarnos con rapaces de Salle Xove dos colexios da Inmaculada, de La Salle Ferrol e de La Salle Barcelos (Portugal).
En total, fomos 270 participantes (entre sexto e 2.º de bacharelato) os que, dende o venres ás 20 horas ata o sábado ás 18 horas, xogamos, cantamos, bailamos, fixemos actividades e xogos de cidade.
Tamén fomos dos poucos afortunados que puidemos durmir no pabillón do colexio en sacos e compartir confidencias ata caer rendidos.
Dende aquí queremos felicitar ao grupo de animadores que o fixeron posible. Foi un bo comezo para as actividades deste curso de Salle Xove.



