
ENCONTRO COAS FAMILIAS
Este luns 29 de xaneiro, na etapa de Educación Infantil, tivemos o segundo encontro deste curso 2023-2024 coas familias.
Como vén sendo tradición, a finais de xaneiro comezo de febreiro, titoras e familias atópanse na aula para repasar como vai o ritmo do curso, tamén é un momento para falar das actividades previstas para este segundo e terceiro trimestre, que veñen cargados de sorpresas, saídas, teatro, festas, excursións, talleres…
Tratáronse temas de interese para o crecemento dos nosos pequenos e pequenas: a importancia de marcar unhas normas, a xestión emocional e a hiperpaternidad.
Momento para dialogar e crear lazos entre todos os membros da nosa comunidade educativa, titoras e familias; todos xuntos, cos mesmos acordos será moito mellor para os nosos nenos e nenas.
GRAZAS POR ACUDIR A ESTA CONVOCATORIA!
Equipo Didáctico de Educación Infantil





