
Educación viaria no Recinto Feiral de Amio
O pasado venres, os nenos e nenas de 5 anos, acudimos a un curso de Educación viaria no Recinto Feiral de Amio, impartido por Axentes da Policía Local de Santiago de Compostela.
Foi unha mañá moi intensa na que aprendemos as normas que debemos cumprir como peóns responsables e tamén aquelas que temos que respectar cando utilizamos calquera tipo de vehículo. O Axente Pepe díxonos que é moi importante que sempre que viaxemos en coche, temos que levar posto o cinto todos os ocupantes, e nós temos que ir sentados na nosa cadeira ou elevador de seguridade.
No circuíto puxemos en práctica todo o aprendido, conducindo as bicis ou como peóns, axudados polos Axentes José e Maxi que nos lembraban as normas cando nos despistabamos.
Co carné que nos regalastes, convertémonos en Axudantes da Policía Local. Grazas aos tres pola vosa implicación e acollida.




