E para ti… como sería un planeta feliz?
Polo planeta e por todas as persoas que o habitamos: sementemos o futuro.
Como cada ano na nosa SEMANA PROYDE, os nosos pequenos e pequenas de Educación Infantil teñen a oportunidade de xerar consciencia e reflexionar sobre situacións e condicións reais que nos implican como pequenos individuos pertencentes a algo máis grande: o noso PLANETA TERRA.
Cada día da semana e a través dunha reflexión lúdica, interactiva e pedagoxicamente adaptada, tratamos temas globais de diferente índole que afectan directamente ás nosas accións e decisións cotiás.
Conciencia da xeración e xestión de residuos, conciencia do valor das plantas e animais, conciencia no uso das enerxías e recursos naturais, conciencia dos temas sociais que impliquen a axuda e soporte aos máis desfavorecidos…
A través das nosas mans e como colofón a unha semana de reflexións socio-ambientais, expresamos a través dos nosos debuxos ese PLANETA FELIZ que agora sementamos.
Porque moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo.
PROFESORA SONIA FRANCO
Mestra de Educación Infantil