Back

E chegou o día

Despois de moitos ensaios, cambios, escollas de canción, vestiario, pasos… o 29 de abril celebrouse o Coreosar. 16 actuacións presentadas polos alumnos de 1.º de bacharelato, Irea Deive e Nicolás Fariña e xulgadas por un nutrido número de representantes da comunidade educativa: dúas nais da ANPA, dous profesores do centro, un irmán da Comunidade, unha alumna de bacharelato, unha exalumna e un antigo alumno que tamén é membro das laureadas Tanxugueiras. Toda unha honra.

Custou ben a deliberación, pois moitos niveis estiveron competidos, e tíñase en consideración tanto o voto dos alumnos como o do xurado,  máis finalmente 1.º D, 2.º A, 3.º C e 4.º C resultaron gañadores. Foron agasallados cun día de praia, será o día 23 deste mes de maio.

Aínda cinguidos polos protocolos, o acto foi posible grazas á dispoñibilidade de moitos, máis cabe destacar a axuda desinteresada de alumnos como Carlos Arjona, que se fixo cargo da gravación e retransmisión en directo para os alumnos que o vían dende as aulas. Tamén deron a súa dispoñibilidade Pablo Domínguez e Iria Rey para facer as fotos.

En hora boa a todos, pois a mellor parte foi ver o crecemento que o proceso supuxo en unión das clases, coordinación, cesión por parte de moitos, estar pendente do outro  e moita, moita ledicia. 

Ata a próxima edición!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.