Back

Doces accións

Facer síntese é unha das habilidades que aprendemos no colexio. Neste caso tratábase de convivir cos compañeiros nun contexto diferente ao diario, de colaborar na Campaña de Nadal do colexio e coñecer a realidade que nos rodea. A convivencia consistiu nunha mañá na que saímos do centro cara Área Central e aprendemos a facer e vender galletas co obxecto de recadar cartos para a asociación Centinelas, visitar o Albergue Xoán XXIII e facer as nosas propias chapas e imáns con lemas para difundir unha mensaxe solidaria.


A revisión dos alumnos é moi positiva, viviron que se pode un divertir dunha maneira diferente e centrada en axudar aos que o necesitan. Síntese lograda. O que non saberemos é o que poida sementar a futuro, novos voluntarios nas asociacións, doazóns, ter a realidade que nos rodea presente nas nosas vidas.

A acción saiu en La Voz de Galicia e fixéronlle unha entrevista á responsable de Centinelas durante a mañá.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.