Do oído á boca
Desde as titorías de 4.º da ESO, decidimos comezar o curso escoitando aos alumnos para saber onde están os seus intereses. Resultou que lles preocupa comer san. Fernando, de Nutrición Stellae puxo o seu tempo e coñecementos ao noso servizo para atender as numerosas dúbidas que roldaban a cabeza dos nosos estudantes. Preocupados pola dieta ideal para os deportistas, pola influencia do vexetarianismo no corpo, pola idoneidade de inxerir proteína en po…en resumo, por saber que é o mellor que levar á boca. A satisfacción era a sensación que reinaba ao acabar as sesións, das que todos comentaban ter gozado. Grazas especialmente a Fernando e Érika polo seu labor, esperamos poder seguir contando con eles en próximas edicións.