
Día da muller: 8 de marzo
Mulleres, avoas, nais, fillas, netas, sobriñas…
o día 8 de marzo é o voso día!
Un día para lembrar o papel, o gran valor e presenza das nosas mulleres máis próximas. En compañía dos nosos compañeiros e compañeiras de Primaria, saímos ao patio para adornar o baile cas nosas mans e globos morados. Gozamos cos contos de Caxoto e…, cantamos á igualdade!
SONIA FRANCO
Mestra de Educación Infantil


