Día da Discapacidade
O 2 de decembro os alumnos de 5.º de primaria conmemoraron o día da Discapacidade. No salón e cumprindo todas as medidas de seguridade puideron escoitar o testemuño de Gerardo, Javier, Mónica e Javier da asociación Discamino.
Gerardo que é sordocego e Monica e Javier que van en cadeira de rodas contáronnos a súa experiencia realizando o camiño de Santiago en bicicleta adaptada coa axuda dos guías que os acompañan. Persoas que transmitiron a súa ilusión e ganas de vivir a pesar de non ter á vida perfecta.
Quédanos claro a súa mensaxe: que ninguén nos diga nunca que non podemos facer algo, pero que temos que loitar para conseguir eses soños, derribando moitas barreiras no noso camiño.
Graciñas a todos eles por regalarnos a súa experiencia e por facernos pensar un pouquiño máis nas persoas con Discapacidade.