
Desfrutamos da natureza nas nosas aulas
O alumnado de sexto de primaria estivo a traballar en ciencias naturais as distintas familias de seres vivos.
Despois de varios días traballando e afondando na clasificación e agrupación dos seres vivos, propúxoselles aos nenos e nenas do último curso de primaria a fabricación dunha maqueta na que representasen un ecosistema. O obxectivo principal foi que así puidesen interiorizar máis tódolos contidos traballados na clase.
Ao alumnado que participou no proxecto encantoulle o proceso de realización do mesmo e a oportunidade de poder compartir o seu traballo cos demais compañeiros e compañeiras da clase.
Que bo é aprender facendo!

