
Desfrutamos da máxica semana da lectura no noso colexio!
A volta das vacacións de Semana Santa non puido ser máis especial. Como parte da semana da animación á lectura, a nosa escola converteuse nun colexio de maxia e feitizos.
O primeiro día o alumnado accedeu ao centro a través da fumegante plataforma 9 ¾. Desfrutamos cada mañá de adiviñas e trabalinguas que forman parte dun motivador concurso no que as nenas e nenos poderán gañar fermosos libros. Tanto o profesorado coma o alumnado gozamos e quedamos abraiados co espectáculo de maxia do Mago Román. Nas sesións de educación física, as nenas e nenos están aprendendo a xogar ao divertido e máxico deporte do quidditch. Os máis pequenos están a facer variñas máxicas coas que se emocionan e xogan sen parar. No segundo ciclo están elaborando cómics xigantes e os maiores da etapa están a realizar impresionantes contos lineais.
Todas estas actividades están a levarse a cabo namentres que nos facemos conscientes da importancia da lectura no noso día a día.
Agradecemos enormemente a dedicación e esforzo do profesorado que decorou o centro con tanto detalle facendo que o ambiente sexa verdadeiramente máxico.
Que os libros e as historias sigan enchendo as nosas mentes de maxia!
http://www.magoroman.com/trayectoria.html








