Back

Dámoslle a benvida ao curso 2023-24

Hoxe, o colexio La Salle Santiago xa recuperou a súa esencia!

Despois dunhas ben merecidas vacacións de verán, o alumnado do noso centro volve á escola con moitas ganas e ilusión. As nenas e nenos xa están contaxiando a súa enerxía e ledicia alá por onde van.

O Lema deste curso 2023-24 é GRAZAS, e así é como nos sentimos nós: agradecidas e agradecidos de reencontrarnos e volver a sentirnos xuntos, en familia. Xa estamos aquí, coa batería cargada, con moita motivación e cun milleiro de ideas e proxectos para levar a cabo durante este novo curso que comeza.

Benvidos e benvidas a este curso escolar que comeza, que esperemos que sexa unha gran aventura chea de aprendizaxe e experiencias, e GRACIÑAS pola vosa confianza e presenza!