Back

Como nos gustan os proxectos NCA!

Este curso escolar está sendo moi especial xa que, o profesorado e o alumnado do colexio La Salle, estamos a traballar nun Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA) onde as nenas e nenos son os protagonistas da súa aprendizaxe.

Un dos ámbitos máis destacados de NCA son os proxectos. En primaria, cada nivel levará a cabo entre 8 e 9 proxectos por curso nos que se traballan de maneira integrada, e a través dun centro de interese, distintas áreas do currículo. Neste caso, queremos presentar o produto final do segundo proxecto que fixo o alumnado de quinto de primaria, chamado Polaris.

As nenas e nenos puideron gozar dun conxunto de atractivas actividades relacionadas co mar e coas embarcacións ao longo da historia. Ditas actividades estaban enfocadas na estreita relación que sempre existiu, e que continúa existindo, entre as persoas e o mar. O alumnado aprendeu a facer nós mariñeiros, enormes barcos de papel, investigaron sobre rutas marítimas e constelacións. Ademais, tiveron a oportunidade de traballar e indagar sobre a primeira volta ao mundo protagonizada por Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano, presentando esta nova a través dun telexornal e preparando un xogo na rede con Kahoot, entre outras actividades.

O que nos queda claro é o significativa que se volve a aprendizaxe e o que aumenta a motivación dos nenos e nenas cando teñen un papel activo na aula e aprenden facendo, investigando e experimentando

Imos a polo seguinte proxecto!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.