
Como nos gustan os proxectos!
Os proxectos convertéronse nunha das nosas prioridades dende que estamos inmersas no Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA).
O alumnado de primaria, xunto co seu profesorado, foi levando a cabo ao longo do curso escolar marabillosos e variados proxectos. Cada un deles resultou ser unha aventura na que as nenas e nenos puideron desenvolver a súa aprendizaxe, traballando ao redor de centros de interese do máis apaixonantes. Sabemos que as nenas e nenos deben ter un papel protagonista no seu proceso de aprendizaxe para que este sexa verdadeiramente significativo. Formar a nenas e nenos críticos, que se cuestionen as cousas e que fagan uso de súa creatividade para resolver desafíos é o noso obxectivo.









