
Como nos gustan os obradoiros interdisciplinares!
As nenas e nenos de terceiro de primaria comezaron cun obradoiro interdisciplinar do máis interesante: “Comezamos con Scratch”.
O alumnado utiliza este programa para desenvolver habilidades mentais mediante a aprendizaxe de programación sen ter coñecementos profundos sobre o código. Mediante distintos retos os nenos e nenas aprenden as bases da programación dunha maneira visual e amena.
Resulta moi motivador ver como o alumnado aprende dunha maneira tan divertida e distinta!





