Back

Como nos gustan as ciencias naturais!

A pasada semana, as nenas e nenos de 3º de primaria viviron unha experiencia do máis interesante nas aulas.

O alumnado leva semanas traballando en ciencias naturais os animais vertebrados e invertebrados. A súa sorpresa foi cando a profesora lles trouxo á aula algúns exemplos de animais invertebrados que puideron observar e analizar de cerca.

Os nenos e nenas estiveron moi motivados e estamos seguras de que non esquecerán esta experiencia.

Continuamos aprendendo!