
Clasificados no Rebumbio matemático!
O pasado 28 de abril celebrouse a fase local do Rebumbio matemático en Santiago de Compostela, na facultade de Ciencias da Educación.
O noso colexio presentou tres equipos, un por cada clase de sexto de primaria:
– “Cadrando raíces” de 6ºa
– “Regra de estrela” de 6ºb
– “Regra de tres” de 6ºc
As nenas e nenos que participaron no concurso, tiveron dúas horas para realizar unha serie de problemas onde, ademais de resolvelos, tiñan que ser o máis creativos posible na súa resolución.
Participaron un total de dezasete equipos de diferentes colexios de Santiago e da contorna, e destes soamente se podían clasificar tres. Tivemos a gran sorte de que un dos equipos clasificados foi do noso centro, “Regra de tres”, que competirá na fase final que será en A Coruña o vindeiro 26 de maio xunto cos finalistas doutras zonas de Galicia.
As nenas e nenos que participaron gozaron moito desta experiencia, e nós estamos moi satisfeitas e orgullosas do traballo de todos os participantes!
Agradecemos moito o traballo do profesorado que os está acompañando no proceso e desexámoslles moita sorte!

