Charla COMPIGUAL en 2.º ESO: Igualdade de xénero
Durante a semana do 8 de marzo, o alumnado de 2.º ESO recibimos a visita de RETNOVA. Explicáronnos moitos conceptos sobre a igualdade.
Ao principio comezamos facendo un debuxo nun papel en branco. Nel había que poñer unha careta chea de adxectivos positivos e negativos sobre nós mesmos. Por unha parte pedíronnos que puxésemos adxectivos relacionados co noso físico e coa nosa personalidade, adxectivos que deixabamos que fosen visibles. Pola outra parte da careta, tiñamos que poñer adxectivos que indicasen cousas que a xente descoñece de nós.
Despois desta actividade, a monitora da actividade, Lara, explicounos detalles sobre o xénero e o sexo das persoas. Tivo en conta as características físicas, os estereotipos sociais etc.Para rematar a sesión fixemos unha actividade de reflexión final, nela buscaba darlle relevancia ao papel de cada individuo na sociedade, sen ter en conta determinados roles que debemos superar porque en realidade, somos todos persoas, sen máis.
Candela García 2.º ESO A