
Celebramos o magosto no colexio!
Este xoves as nenas e nenos de primaria xunto co seu profesorado puideron gozar dunhas ricas castañas no patio da escola!
Que sorte tivemos de poder celebrar o magosto no exterior, baixo un agradable sol, despois de tantos días de chuvia. Estamos no outono, chegan as castañas e non queremos perder a ocasión de desfrutar deste rico manxar.
Os nenos e nenas prepararon uns preciosos cucuruchos de papel que, moi emocionados, puideron encher de castañas acabadas de saír do forno! Tanto os profesores e profesoras como o alumnado pasaron unha marabillosa tarde entre risas, bailes, xogos e moita comida.
Sentímonos moi afortunados de poder gozar destes momentos en familia!

