Back

Celebramos a Semana da Paz!

Esta semana, no colexio La Salle, estamos levando a cabo a Semana da Paz!

As nenas e nenos mais o profesorado estamos decorando as aulas e os corredores á vez que, cada mañá, dedicamos un tempo a reflexionar e sensibilizarnos sobre diferentes temas e situacións. Se algo temos claro é que a educación en valores é fundamental para a formación integral das persoas e por iso lle damos tanta importancia no noso día a día.

Estamos moi orgullosas e orgullosos da participación e implicación de todas as persoas nas dinámicas e actividades propostas!

Xa estamos agardando con ansia á celebración do Día da Paz que teremos a próxima semana!