Back

Celebración do Día da Muller

O pasado 8 de marzo celebramos o Día da Muller no nosa escola dunha forma moi especial!

As nenas e nenos de primaria tiveron a sorte de desfrutar dunha charla impartida por Ana Armada e Aida Pena, ambas traballadoras na empresa de Bahía Software. Un momento no que puidemos compartir e aprender moitas cousas interesantes.

Ademais, durante toda a semana, os nenos e nenas de infantil e primaria estiveron preparando carteis sobre mulleres que tiveron un papel destacado na nosa historia. En secundaria, o alumnado estivo facendo reflexións e decorando as aulas e corredores con mans de cor morada que recortaron e pegaron por diferentes zonas.

Como broche final, as nenas e nenos de primaria, xunto co seu profesorado, colocáronse no pavillón formando o lazo xigante de cor morado que representa o 8M.

Parabéns a todas as persoas pola súa gran implicación nestes día e, especialmente, a todas as mulleres, hoxe e sempre, pola súa gran valía!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.