Cambridge Assesment English
- Categorías Actualidade, Bacharelato, Idiomas
- Data Xuño 4, 2020
Este curso, igual cós anteriores, unha boa promoción do noso alumnado estivo a prepararse para certificar o seu nivel de inglés dentro do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER).
Comezamos as clases preparatorias en outubro. Agrupamos o alumnado por niveis segundo as súas propias habilidades en tres grupos. En total foron máis de 70 alumnos, por riba do dobre do ano pasado.
Cada semana desde aquela, incluso durante o período de confinamento, non deixamos de reforzar as súas destrezas de comprensión e expresión oral e mais a comprensión e produción de textos escritos. Partindo da base adquirida nas catro horas semanas de clases curriculares, reforzamos especialmente as estruturas gramaticais e asemade o vocabulario.
A metodoloxía utilizada nestas aulas de preparación baséase na familiarización co formato de exame que utiliza a Universidade de Cambridge, que se rexe por criterios moi estritos de avaliación e cualificación. Só deste xeito podermos garantir que as nosas promocións de alumnos e alumnas cheguen seguros de si mesmos, confiados nas súas competencias lingüísticas o día das probas.
Desta volta temos candidatos para tres niveis de certificación: B1 for Schools, B2 for Schools e C1. Debido a que somos centro preparador autorizado (Preparation Centre) de Cambridge Assesment English, o alumnado dos grupos de B1 e B2 van ser examinados no noso colexio, isto sempre ofrece un punto máis de tranquilidade e confianza. Virán ao Colexio os examinadores enviados dende CAE (Cambridge Assesmente English)
As probas realizaranse durante o mes de xuño. Poderemos coñecer os resultados en poucas semanas.
Estamos ben seguros de que serán un éxito, coma sempre.