
Buscando a Tito!
En Fervenzaventura, os nenos e nenas de 3 anos coñecemos a Tito, un poliño moi pillo que se agochou na granxa e debemos atopalo.
Na súa busca, imos coñecendo máis animais, aproveitamos para plantar unhas leitugas ao pasar pola horta… e se se meteu no forno? Pois xa que estamos aquí, fagamos un pouco de pan!Tito fixo que coñeceramos un pouco máis os traballos da granxa, do campo e o seus coidados; e agradecémoslle este día tan especial e divertivo.
Gracias Tito!
Equipo Didáctico de Educación Infantil






