
Aprendendo sobre seguridade viaria
Saímos de excursión ao Recinto Feiral de Amio para gozar e aprender no parque infantil de tráfico, instalado pola Policía Local para o programa de seguridade viaria e dedicado aos nosos pequenos e pequenas.
O pasado venres día 6, os nenos e nenas de 5 anos, descubriron o lúdico espazo. Despois de recibiren as explicacións dos policías locais alí dispostos, participaron nunha simulación do tránsito viario nas rúas da cidade.
Ataviados coas bicicletas e cascos, desenvolveron o rol de vehículos, mentres a outra metade desenvolvía o rol de peóns. Atención e respecto sobre as normas no uso dos semáforos, dirección… Explicacións varias en canto ás funcións policiais locais; vixilancia, axuda, soporte cidadán…
Grazas, Policía Local, por recibirnos con tanta atención e magnífica entrega!



